|
O C.P. Calasancio é un club histórico tanto na comarca como fóra dos seus lindeiros, cun amplo historial xa que vén realizando a súa acrividade na cidade de Monforte de Lemos dende os anos 60. Este feito, convérteo nun dos referentes gallegos do fútbol base.  Ao longo destes anos, foron innumerables os xugadores da comarca de Lemos e de toda a nosa rexión os que ten pasado polo club. O Calasancio é un dos clubs máis representativos de Galicia polo que se refire á canteira, e sobre todo polo gran labor social que realiza.
Dende o inicio vén desenvolvendo a súa actividade dentro das instalacións que posúe o colexio dos PP. Escolapios, que llelas cede, ante a falta de instalacións municipais. Estas instalacións, que se atopan nun amplo recinto cerrado ,con acceso a unha enorme praza, e que están no centro da ciudade, o que facilita o acceso aos xogadores e incrementa a súa seguridade.
Nun principio, contabamos só cun campo de herba de reducidas dimensións. Posteriormente, con moito traballo dos seus directivos e coa inestimable axuda do colexio, conseguimos acondicionar uns vestiarios así como un campo de adestramento de terra, para poder formar aos xogadores para a competición.
Na actualidade dispón dunha importante canteira, contando con 11 equipos distribuídos en 5 categorías (xuvenil, cadete, infantil, alevín e benxamín), xogando ordinariamente nas ligas, galega e provincial, chegando, de cando en vez, a xogar na liga nacional sempre con destacados resultados. Entre os equipos federados e a escola de fútbol suman aor redor de 350 cativos nas distintas categorías. Contamos con dous equipos en cada categoría, pero, este ano, dado a afluencia de pequenos, vímonos obrigados a facer un esforzo extra e ampliamos a categoría benxamín a tres equipos.
BREVE HISTORIAL DO CP. CALASANCIO
O Club Calasancio ten as súas orixes alá polos anos 40 do século XX no desaparecido SADEL, na postguerra, iniciador dos partidos disputados despois da guerra, co equipo do barrio da Estación chamado Vulcano, integrado por cativos daquela zona.
Naquel SADEL, integrado por alumnos internos e externos do Colexio dos Escolapios, figuraban os Aquiles, Bernardino, Ferreiras, Irmáns Caruncho, Reza, Camiñas, entre otros.
Na década dos 50, nace o actual Calasancio, baixo a batuta do desaparecido P. Francisco, o "alma mater" do Club, acompañado na súa tarefa por un grupo de aficionados, converténdose no equipo máis importante do fútbol local e comarcal. Cabe facer mención de Emilio Cuesta, o primeiro presidente desligado da orden escolapia. Nesta etapa fedérase o Club e inicia a súa andaina de forma oficial, dende o punto federativo. Das súas ringleiras saíron infinidade de xogadores, dos que podemos salientar Alberto Conde, fichado polo entón Atlético Aviación, hoxe At. De Madrid, Lamelo triunfador no Deportivo da Coruña, o finado Cabanelas, Pepín - figura do noso Lemos-, Andrade, Raúl, Julio, Guisasola, Joaquín, Malingre ...
A partir dos anos 60 sesenta, a presidencia do Calasancio, recaería en mans dun entusiasta membro da Orde Escolapia, como foi o P. Fidel, toda unha institución neste Club, que mellora as instalaciones deportivas e acada grandes exitos no deporte provincial e rexional
O P. Mateo, que xa entra na época dos anos 70, época na que poderiamos dicir que o Calasancio acada a maioría de idade e obtén uns grandes éxitos en todas as categorías nas que participa, recordaremos o título de campión galego en infantil competindo contra equipos como o Celta de Vigo, Pabellón de Orense e Ural e Galicia Gaiteira da Coruña, etc. Nesta mesma décado o equipo Iinfantil acadará un novo galardón a mediados desta década dos 70, participará o Calasancio na fase final do Campionato de España, despois de proclamarse campión provincial, galego e de sector. Nesta fase final disputada en Tarragona quedará clasificado no sexto lugar.
Con estes alicerces, pronto chegan os éxitos na categoría xuvenil, que tras perder co Ribadeo, proclámase subcampión galego na temporada 76/77. Neste equipo actuaban os Poti, Gilberto, Rojo, Cabanelas, os irmáns Menduñaa, Rafa, Rómulo, Mariano, Raúl; pero ao fin na temporada 78/79, o Calasancio proclamase campión galego, ó vencer na final ao At. Orense e por primera vez un equipo de Monforte toma parte na Liga Nacional de Futbol Xuvenil, tengo que xogar contra equipos como Castilla, At. Madrid, Celta, Valladolid, Xixón, Santander, Oviedo, Ferrol, entre outros; é este un momento en que no Calasancio agroman xogadores coma: Docobo, Domínguez, Javier, Pedro Pablo, Pibe, Pilis, Rubinos, José Carlos, Pablo, Coutado, Juanín, Roberto, Reñones, Severino, Chas, Ramiro, Raposo, Luis Miguel, Roca, entre outros, algúns deles xogarán posteriormente no Lemos, casos de Domínguez, Javier, José Carlos, Coutado, Juanín, Roberto, etc, outros no Lugo como, Pablo, Domínguez e Pilis, Roberto e Docobo no Compostela de 1ª, etc.
Ao comezo da década dos 80, volve a presidencia do Calasancio a mans foráneas da Orde. Neste momento, o directivo Ramón Rodríguez Buján asume a presidencia. Persoa que recibirá a máxima distinción da Federación Galega de Futbol que vén a premiar o seu labor nesta entidade durante máis de 20 anos de dedicación á mesma, e que significará un alicerce fundamental para o C.P. Calasancio. É un periodo, de importantes transformacións no Club coa millora das instalacións, construcción da tribuna cuberta, iluminación de campos, sin esquecer o labor de canteira; a pesar de que se perde a permanenza naquela liga nacional, algo que sen duda estaba por riba das posibilidades dun club tan modesto, e para unha cidade como Monforte. Sen embargo dende entón permanecerase na liga galega, onde se está a cotío. loitando sempre, e acadándoo de cando en vez por voltar a esa categoría. Desta época son xogadores como os Rodri, Carry, Sanchez, Cuervo, Alfonso, Santolhao, Maceda, Fuentes, Sampayo, Michel, Castor, Miguel, Juan Vázquez, Blanco, Rubens, etc.
Nesta época coa fin de xerar recursos, a xunta directiva do Calasancio, organizada a 1ª Feira de Mostras Val de Lemos, evento que con gran éxito terá continuidade ata a súa 6ª edición no ano 1993, data na que por motivos de saúde deixa a presidencia del club "Ramonín", temporada ademais na que o equipo Xuvenil volve acadar o ascenso á Liga Nacional Xuvenil da man do adestrador Cano. Forman parte deste equipo Andrés, Torrado; Nestor, Prieto, Mario, Luis Macía, Fidel, Alipio, Pavon, entre outros.
Ao cese de Ramonín, colle a presidencia o directivo Don Pedro Vázquez Rodríguez. É a época na que se lle dá pulo ás categorías inferiores, pasando a participar nas competicións da provincia de Ourense, para ter máis competitividade, xa que a de Lugo era comarcal, case sen competición, mentras que a de Ourense abrangue toda a provincia, e polo tanto hay moita máis competividade. Créase ademais a categoría alevín, que fai que se potencien as categorías xuvenil, cadete e infantil. Nestas categorías obtense o ascenso á liga galega de cadete e infantil, de nova creación, e incluso á División de Honra na categoría cadete. Chégase a un acordo co Concello e créase a Escola Municipal de Futbol cunha gran participación ano tras ano. Chégase tamén a un acordo de filialidade co Club Lemos equipo que milita na terceira división, comprometéndose o Lemos, gracias ó labor do concelleiro de Deportes, D. Juan Carlos Días, que supedita a axuda ao club, á que se conte cun mínimo de xogadores do pobo e a intervención de Francis, entón adestrador do Lemos, e antes do Calasancio . Nesta etapa bastantes xogadores participaron nas seleccións provinciais de Ourense, sub-16, sub-14 e futbol sete alevin e tamén nas galegas, casos de Brais, Borja, lago, etc. Desta etapa podemos destacar os xogadores Charly, Beni, Vico, Ruben, Chuvi, Robertiño, Pablo, Varela, que todos ellos militan no Lemos ou clubs da comarca, e Parada que militará no Ourense "B", Jorge (Celta "B") e Iván (Levante).
En xuño do 2001 deixa a presidencia Don Pedro Vazquez, asumíndoa, despois dunha gran resistencia, Don Manuel González Fidalgo, home ligado ao futbol por ter estado de capellán do Club At. Madrid, na etapa da presidencia de Vicente Calderón, epoca de xugadores tales como Pereira, ´Leiviña, Becerra, Gárate, Luis Aragonés e Javier Irureta, par forzar o seu asentimento, volve á directiva Ramón Rodríguez Buján, persoa moi importante no club. Como feitos relevantes da presente temporada,podemos citar xestión e organización dun partido amigable de pretemporada coa participación do Deportivo da Coruña e la participación do xogador Maikel na selección gallega Sub-15.
Pola súa idade, cando ve a posibilidade de deixar a presidencia, aproveita que Juan Carlos Días, deixa a Concellería de Deporte de Monforte, e está disposto a aceptar a presidencia, por ser home do club, xa que foi antes xogador e despois direstivo. e en efecto asume a presidencia o actual presidente, que como empresario que é, está a facer unha gran mellora nas instalacións, valéndose dos seus coñecementos e influencias, que fai que saian fondos de debaixo das pedras, e consigue deixar os campos do club case coma unha cidade deportiva. Ademáis crea o trofeo de fútbol xuvenil, fai un novo organigrama deportivo, baixo a supervisión de Francis, e ... esperamos que a cousa siga...
|