|
V campus de futbol Cidade de Monforte |
|
miércoles, 27 de julio de 2011 |
O Concello de Monforte organiza, baixo a dirección técnica do R.C. Celta
de Vigo e a Fundación Celta de Vigo, o V Campus de Fútbol Cidade de
Monforte.
O Alcalde, Severino Rodríguez Díaz, e o Técnico de
Deportes, Óscar Rodríguez Pérez, presentaron esta actividade que se
celebrará entre os días 1 e 5 de agosto no Estadio Municipal Luís
Bodegas en horario de 10:00 a 13:00. O Campus está dirixido a rapaces e
rapazas entre 7 e 14 anos e terá un custo de 26 euros por participante.
O
Campus, que terá un límite de 80 prazas, está organizado polo concello
de Monforte e conta co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da
Deputación Provincial de Lugo.
O Alcalde falou da elevada
calidade do Campus, dirixido por técnicos especializados do Real Club
Celta de Vigo. Por outro lado, o Técnico municipal tamén resaltou que
esta actividade enmárcase dentro da política de conciliación da vida
familiar e laboral, xa que permite aliviar ás familias ocupando as mañás
dos rapaces e rapazas durante unha semana. Fuente: www.concellodemonforte.com
|